Wednesday 22 de May de 2024

Mesía, terceira parada da xincana lingüística do SNL da Mancomunidade


O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) da Mancomunidade de Ordes chegou a Mesía coa súa xincana lingüística. No día de hoxe, a actividade foi dividida en tres quendas por tramos de idade, nas que participaron máis de 40 nenos e nenas en total. Con esta iniciativa preténdese estimular nas xeracións máis novas actitudes favorables cara ao galego, ao tempo que se busca favorecer a súa utilización nas actividades lúdicas e deportivas.